FBI


Nome: FBI

O FBI é un local bastante tranquilo, onde podes ir cos amigos a tomar unhas boas cervexas (moi variadas) tranquilamente sentado nunha das mesas de que dispón o local. Teñen música de fondo (bastante mala), pero que apenas se escoita, polo que non molesta.

Quizais o maior problema que teña este local é que nas horas punta (venres e sábados ao redor das 12:00 da noite), está esaxeradamente cheo, sendo case unha miragre atopar sitio para sentarse. E hai demasiada xente para quedar de pé na barra.

Xogos: Dispón de billar e futbolín.

Cervexas: Unha carta moi variada de cervexas de importación, a un prezo normal, tendo en conta as caracteristicas das bebidas. Así podemos desfrutar desde as tradicionais Heineken ou Estrella Galicia, a unha San Sebastian ou Franziskaner (a favorita deste que escribe).

Valoración: 4/5. Un moi bo local.