Para que un local estea presente en esta páxina de critica etilico-gastronómica, é absolutamente imprescindible que o local sexa visitado alomenos unha vez por un número de membros significativo de membros da nosa asociación. Non pode ser doutro xeito. As nosas críticas baseanse unica e exclusivamente nas nosas experiencias persoais.

Así pois, iremos introducindo novas páxinas a medida que vaiamos visitando novos locais, sen outro ritmo que o que nos marque o noso paladar. Hai que ter en conta que somos unha asociación absolutamente independente e que facemos isto sen nengún tipo de ánimo de lucro, polo tanto non temos compromiso de ningún tipo con ninguén.

Agora ben, se é vostede hosteleiro, e o seu local non aparece na nosa páxina, e quere que estea, ten duas opcións: Ou ben espera a que nós visitemos o seu local, cousa que pode ocurrir antes ou despois, ou ben toma vostede a iniciativa, convidandonos a unha cea no caso dos restaurantes, a uns viños con tapa ou unhas rondas cervexas no caso dos bares, ou a unhas rondas de cubatas no caso dos pubs. So desta maneira podemos ter base para poder facer a critica do seu local.

En caso de que o seu local apareza, e a critica non lle pareza boa, ten dúas opcións, ou ben esperar a que voltemos, cousa dificil se temos mala opinión do seu local, ou nos convida como se explica no parrafo anterior, para que poidamos facer unha nova critica, en función da nosa nova visita.

Para solicitar que vaiamos ao seu local a facer unha critica, envienos un mail a abeco@softhome.net, indicando nome do local, enderezo, e número de telefono. A invitación debe cubrir a todos os membros da asociación (da orde de 15, nestes momentos).

Ao mellor vostede está preguntandose, ¿e se os invito, a critica vai ser mellor que se veñen eles polo seu propio pe? A resposta é clara: SI. Nós somos xente moi agradecida.