O Terraza


Nome: O Terraza. Tamén coñecido polo bar do Leo.

Comentario: Que podemos dicir do Terraza? Quizais un dos bares mais míticos e tradicionais de Monforte. Empezaremos por describir o sitio. Según entras hai a man esquerda a barra, e unhas mesas a man dereita. Dependedo da hora hai mais ou menos xente. É curioso, que ainda tratandose do que vulgarmente se coñece como un 'bar de vellos', atopase alí a moita xente moza. Se ides a tomar un viño quedadevos na barra, ou collede unha mesa se hai sitio. No verán tamen colocan unhas mesas fora, que fan as veces de improvisada terraza. Se sodes moitos, e queredes beber e comer dun xeito mais profesional, na parte de atrás, hai unha sorte de comedor, cunha única mesa con capacidade para unhas catorce persoas.

O camareiro chamase Leo, e hai que dí que é veterano de guerra polas medallas que luce na súa camisa. Unha cousa que debemos ter e conta é que o Terraza éo que é. É un lugar para beber e comer sen moitos escrupulos, para pasar un bo rato. Non é a clase de lugar onde lle pedirías ao home ou muller da túa vida que case contigo. Non nos equivoquemos.

Viño da casa: Quizais é onde mais patine este magnifico local. O tinto que teñen é bastante malo. Dependendo do día, pode chegar á categoría de nocivo. En caso de que non vos entre, non vos cortedes en pedir unhas CocaColas, e facer uns calimochos para rebaixar. Ou gaseosa. En canto ao blanco, bastante mellor que o tinto, ainda que tampouco é para tirar foguetes.

Tapas: Excepcionais. Non hai outra palabra. Practicamente todo o que teñen está ou bo, ou moi bo. Podemos citar esas tapas de albóndigas, lacón, chipirón, a magnifica tapa de polo (non sempre ten, pero é moi recomendable probala), pulpo, empanada, .... Sirven as tapas acompañadas de patacas fritas (agás o pulpo e a empanada, evidentemente). Analizando a relación cantidade/prezo, cando vaiades ao Terraza, o mais recomendable é pedir algo de beber, e unha bandexa (ou mais) de tapas variadas. Tamén podedes pedir racións, pero por algún estrano motivo, sae mais caro. Unha última recomendación: non miredes dentro da cociña. Quita a fame.

Prezo: Ainda que xa non é o que era, segue a ser un dos locais nos que mais e mellor comes e bebes por menos cartos. Unha cuestión a ter en conta, é, que en proporción, cobra as racións moito mais caras que as tapas. Outra cousa, é que as veces, o prezo que che cobran é absolutamente aleatorio. En calquera caso, nos, a vez que mais pagamos foron 1000 pts por cabeza, se ben o normal é pagar da orde de 500-800 pts, por beber e comer para sair case ceados.

Valoración: 5/5. Sen nengunha dúbida o mellor garito de Monforte na súa categoría.