Make your own free website on Tripod.com

Vagalume


Nome: Vagalume

Este local convertiuse nos últimos tempos nun dos mais populares de Duquesa, sendo nestes momentos unha alternativa nos garitos de última hora, como o Gotas ou o M2. Neste local hai xente a todas horas, e pecha bastante tarde (preto das seis da mañá). A música, en xeral é a mesma bazofia de todas partes (este verán cheirame que vannos poñer a Bomba até na sopa), ainda que moi, moi de cando en vez poñen algunha canción aislada que non está mal de todo. E moi recordada unha noite na que puxeron AC/DC (isto pode dar unha idea do nivel musical desta vila que nos tocou en sorte)

Respecto das bebidas, o de sempre. Ademais, podemos pedir golpes, que son chupitos que se golpean na barra antes de tomalos, e que normalmente son de vodka con limón, ainda que poden ser doutras cousas.

O local conta na parte de atrás cunha tarima, á que subirse a facer o paiaso nos momentos mais tolos da noite de festa.

Tamén conta cun futbolín, que deixan todos os días.

Valoración: 3/5.