Cibercafé Escape (Ciber do Maz)


Nome: Cibercafé Escape (Ciber do Maz)

Os do ABC somos unha panda de tolos pola informática, e algún dos nosos sitios favoritos tiña que ser un cibercafé. Ainda que nos non somos usuarios dos cibers polos seus ordenadores, si que somos asiduos visitantes deste local. É un ciber que conta con doce ou quince ordenadores así a ollo, para poder xogar en rede (Quake, Commandos, Age of Empires, Need for Speed X, .....), ou conectarse a internet. En realidade non se corresponde co estereotipo de cibercafé (que normalmente de café non ten nada), senon que se trata dun bar normal que ten ordenadores. É curiosa a decoración, coas súas placas bases penduradas das vigas do teito, ou os CDs petados adornando estanterías.

Nós imos a este local, os sábados antes de ir a Duquesa, a tomarnos uns cubatas a prezos populares (alomenos mais populares que nos pubs), ou mesmo algunha especialidade da casa, como a Poción Máxica, ou licores variados como o licor de leite, ou o trampero. Estes últimos son realmente moi fortes, feitos a base de augardente, e non sempre están disponibles. Normalmente non hai moita xente, co que se trata dun local bastante agradable.

Música: Magnifica. O que pasa é que a poñen como música de fondo, e escoitase pouco (hai que ter en conta, que non se trata dun pub). É habitual escoitar un disco completo de AC/DC ou Sepultura, por poñer un caso.

Valoración: 5/5. Un local moi recomendable.