Fonda da Estación


Nome: Fonda da Estación

Estamos a falar da fonda da estación de ferrocarril de Monforte. O seu maior atractivo, é sen dúbida algunha, que abre as seis da mañá, e podemos ir almorzar despois dunha noite de chea en Duquesa. É un lugar bastante comodo, que mesmo conta cunha especie de sofas onde sentarse, o cal está moi ben cando estás agonizando.

Pero aquí rematan as vantaxes deste local. Ao estar na estación de tren, os prezos son de estación (350 pts por un café cun croissant), e o servicio tampouco é excesivamente bo. Algunhas veces hai que estar esperando un bo cacho para que che servan, ou mesmo para que che cobren.

Tampouco podemos desfrutar das tradicionais sopas de allo, que entran moi ben a esas horas da mañá.

Valoración: 1'5/5. Senon fose porque é o único que está aberto a esas horas....