HatabendroNome: Hatabendro Atopámonos cun dos locais mais singulares da rúa Duquesa de Monforte, con xente tan particular detrás da barra como o Thierry ou o Tico. En xeral un bo local onde ir tomar unhas copas e botar uns bailes. Quizais o maior problema que ten é (especialmente no verán) o excesivo calor que chega a facer alí dentro, chegando ser desesperante na parte de atrás (por favor, dádelle brasa ao aire acondicionado). Cando non hai moita xente ten futbolín, e podese botar unha partida. Bebidas: As tradicionais dos garitos. Este é un dos que serve litros de cervexa e kalimocho, e mesmo submarinos (un litro de cervexa cun chupito de algo no fondo). Música: A que lle salga das tripas ao Thierry, que é o que pincha. Ainda que prevalecen as merdas de canción do verán/inverno/outono/primavera, moi a menudo pinchan música dos oitenta, tipo Village People ou Boney-M, e de cando en vez algo de Gospel. Iso si, repitense mais que o allo. Neste garito debe haber discos que teñen feito un burato nalgunha das cancións, dos centos e centos de veces que as chegan a poñer. Algunhas veces ata nos sorprende con algo de Rock'n'Roll de calidadade, con música tradicional galega, ou con temas de grupos como os Diplomáticos, pero moi raramente. Valoración: 2/5. |