Se queres sair de marcha pola noite en Monforte, tes que ir á rúa Duquesa xa que nesta rúa é onde se concentran a todos os pubs e similares da nosa vila. Pero cando chegas a Duquesa empeza o calvario. Entres no local que entres, en todos vas escoitar exactamente a mesma música. E se ainda fose medianamente boa.... En todos os locais de Monforte, vas escoitar durante o tempo que esteas dentro exactamente a mesma merda de música. Monica Naranjo, Ricky Martin e outros abortos dos que non sei (nen quero sabelo) nen o nome, deben ter algún tipo de acordo comercial cos donos dos garitos de Duquesa. Senon non se entende. En este apartado é obligado facer unha lembranza do mellor garito que houbo en Duquesa nos últimos anos, o defunto Psicosis. En tempos, cando querías desintoxicarte de tanta basura musical, ibas ao Psicosis. Era como un oasis no deserto. Pero xa non temos oasis. Dende o ABC, reclamamos, e mesmo suplicamos aos reponsables da música nos locais de Duquesa, que teñan un pouco de sensibilidade con xente que o único que pretendemos é pasalo ben cando saimos pola noite, cos nosos amigos, e que non nos sometan a torturas como escoitar sete veces nunha noite 'La copa de la Vida' (xuramos que isto foi certo un día do verán pasado. A saber que novos suplicios prepara o mercado discografico...). Só pedimos un pouco mais de variedade, e escoitar de cando en vez unhas guitarras electricas e unhas baterías auténticas. É por este motivo, polo que a nosa asociación considera que absolutamente ningún dos locais da zona de marcha de Monforte pode acadar a máxima puntuación. Os locais que consideremos fabulosos en todos os demais aspectos analizados, non pasarán do catro baixo ningún concepto. |