No principio dos tempos, cando os homes aínda vivian en cavernas, o mais intelixente da tribo, empezou a frotar dous anacos de madeira. Logo de estar un pouco frotando, empezou a sair fume, e depois lume. Arrimou unhas ramas secas e fixo unha fogueira. Reuniuse toda a tribo, e miraron a fogueira, e pensaron 'vaia parida'. Aquelo era algo inutil, que queimaba, e ainda por riba daba calor (tende en conta que daquela o home vivia en África).

Pero chegou outro home. Este non era tan intelixente, pero era o coñecido por apañarse para non ir nunca a cazar, (dicia que cansaba), por follarse as mulleres dos outros, cando saían por comida (dicia que daba gusto), e por botarse sestas de varias horas, xusto antes de deitarse a durmir pola noite (dicia que estaba canso). Pero este home, non se sentía completo. Sentía que lle faltaba algo. E a este home acendeuselle unha luz mirando o lume. E colleu un cacho de perna de mamut, pichouno nun extremo dun pau, e o puxo enriba do lume. Decatouse de que aquelo cheiraba ben, e agardou uns minutos. Cando a carne xa estaba ben feita, arrimou o pau á cara, e meteulle o dente. Nalquel momento, o home, o ser humano, deixou de ser un animal, para converterse nun ser racional. Aquel home, ignorante do que fixera, viña de inventar a cociña, e acababa de dar un paso adiante sen precedentes para a historia da humanidade. Ata daquela, a vida do ser humano limitabase á supervivencia, como a de calquera animal, sen placeres, (coa única excepción do sexo, pero ese é outro tema), e comía exclusivamente para sobrevivir. A partir dalquel intre máxico, o home empezou a reunirse para comer, e disfrutar dos placeres da boa mesa.

Había pasar tempo antes de que chegase un descubrimento de calibre semellante na historia da humanidade. Polo medio houbo outros descubrimentos menores, como a roda, a agricultura, a gandería ou a escritura. O home empezou a vivir en cidades, elexíu os primeiros reis, e apareceron os primeiros policías.

Os babilonios, que eran a cultura mais avanzada daquela época, cultivaban viñas, exprimían as uvas, e sacaban un zume, que non estaba mal, pero que tampouco entusiasmaba a ninguén. Un home, descendente directo daquel home que descubrira o churrasco miles de anos atrás, traballaba para un cultivador de viñedos fabricante de mosto. O seu xefe mandoulle sacar todas as barricas de mosto no almacén, para que as cargara nun carro. Empezou a sacalas, pero cando so lle quedaba unha, viu voar un moscardón, foi detrás del, e xa non volveu ata o día seguinte. Ao día seguinte, dixo 'teño que sacar o barril que queda'. Ao cabo de seis meses, o seu xefe entrou no almacén e viu nun curruncho o barril de mosto. Abriu a tapa, e aquelo xa non era mosto. Chamou ao empregado, botoulle unha bronca polo mosto estragado, e mandoulle que o tirara. O noso amigo abriu o barril, mirou o que había dentro, e dixo para sí 'pois non ten mala pinta...'. Asi que achegou os beizos ao líquido, e bebeu un groliño. E pensou 'Esto está caralludo!'. Inmediatamente meteu a cabeza enteira dentro do barril. A seguinte noticia que se ten deste home é que foi executado cando intentou bailar un tango coa señora nai do rei de Babilonia. Pero o descubrimento xa estaba feito.

Estes foron sen dúbida algunha os dous maiores descubrimentos da historia da humanidade. Logo virían outros, como a cervexa, o vodka, os chourizos, o xamón, o ron, o marisco, o whisky ou os callos que fai a avoa, que sempre son os mais ricos.

Nos desde o ABC (Amigos do Bebercio e do Comercio), reivindicamonos como herdeiros directos do patrimonio cultural legado por aqueles dous grandes homes.

Os Amigos do Bebercio e do Comercio, somos un grupo de amigos que gostamos de disfrutar da boa vida en xeral, e dos placeres de comer e de beber en particular. Gostanos moito ir a todos os restaurantes, bares e pubs da nosa cidade e comarca, como mellor forma de coñecer e querer á nosa terra.

Pero cando un vai por ahí de cea, de copas, ou de viños, as veces atópase con locais que os seus propietarios merecen unha estatua, e con outros que o que os seus propietarios merecen que os metan nun bloque de cemento, e que o poñan enriba dun pedestal na praza maior para escarmento de garrafoneiros, sableadores, e malandríns en xeral. Por iso nace esta páxina web. Para falar dos locais da nosa cidade e comarca, dando a nosa opinión sobre cada un deles, falando ben dos que sexan bos, e mal dos que sexan malos.

Somos unha asociación absolutamente independente, que non temos ningún tipo de dependencia de ninguén, e as nosas opinións limítanse as nosas experiencias en cada un dos locais que visitamos. Se saimos contentos dun sitio, falamos ben del, senón falamos mal. Así de sinxelo.