Queimada


Nome: Queimada

O certo e que só visitamos este bar os sábados despois dunha intensa noite en Duquesa, polo que non podemos falar de cómo é este bar a outras horas do día ou no referente a tapas. Abre ao redor das sete da mañá.

O bar está situado ao lado de Duquesa, evitando así ter que coller o coche. Podes almorzar, ou ben tomar as tradicionais sopas de allo. Desde o noso punto de vista, este bar serve as mellores sopas de Monforte. Para os que non saiban o que son as sopas de allo, fanse con pan centeo, allo, pimentón e dous ovos fritidos. A verdade é que é bastante forte, pero a esas horas da mañá senta moi ben (polo menos a min me senta moi ben). Recomendo a cata a quen nunca as probara.

Normalmente non hai demasiada xente, polo que podes coller unha mesa para sentar tranquilamente, e desfrutar da túa sopa, café con leite ou chocolate.

Valoración: 4/5.